Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación urxente, para a contratación das subministracións que se citan. (Expediente 12/1999 e catro máis).

Expediente: 12/1999.

Obxecto: cromatógrafo líquido de alta eficacia HPLC.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 6.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente: 13/1999.

Obxecto: estación de cultivo de organismos de laboratorio.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 6.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente: 14/1999.

Obxecto: Ecotron.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 8.020.000 ptas., IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente: 15/1999.

Obxecto: espectro radiómetro.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 8.210.000 ptas., IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente: 17/1999 - 2 lotes.

Obxecto: equipamento para procesamento fisicoquímico de biomasa vexetal.

Localidade: Ourense.

Importe total de licitación - 2 lotes: 10.505.000 ptas., IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número: -. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías:

Provisionais: 2% dos importes de licitación.

Definitivas: 4% dos importes de licitación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo - Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado. r/ Areal, nº 46 - 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo - 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado - edificio anexo, r/ Porto nº 1 - planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo - 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46 - 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 10 de agosto de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo