Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/196-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Vagrande.

Situación: Dumbría.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 315 m de lonxitude, con orixe no apoio que se vai instalar entre os nº 9 e 10 da liña electrificación zona Pedreda 2º fase (expediente 51422) e final

no C.T.C. Vagrande, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo interior en caseta, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vagrande do que parte rede subterránea de baixa tensión, 3 circuítos, en conductor R.V. de 570 m de lonxitude. Dumbría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de xullo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña