Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de marcapasos.

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

* C.P. 10/99 Subministración sucesiva de marcapasos.

Lote 1: marcapasos VVI. Lote 2: marcapasos VVI.R. Lote 3: marcapasos VDD. Lote 4: marcapasos DDD. Lote 5: marcapasos DDD.R.

Orzamento:

Lote 1: 5.000.000 de ptas. (30.050,606 euros).

Lote 2: 3.600.000 ptas. (21.636,436 euros).

Lote 3: 6.800.000 ptas. (40.868,883 euros).

Lote 4: 1.560.000 ptas. (9.375,789 euros).

Lote 5: 4.400.000 ptas. (26.444,533 euros).

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

Características técnicas: ata 30 puntos.

Experiencia demostrada, xustificada e contrastada: ata 20 puntos.

Prezo: ata 30 puntos.

Prazo de entrega: ata 30 puntos.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación.

Lote 1 (100.000 ptas., 601,013 euros).

Lote 2 (70.000 ptas., 432,729 euros).

Lote 3 (136.000 ptas., 817,377 euros).

Lote 4 (31.200 ptas., 187,516 euros).

Lote 5 (88.000 ptas., 528,891 euros).

A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 5 de agosto de 1999.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela