A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:
*C.P.9/99 Subministración sucesiva de reactivos destinado ó Laboratorio de Bioquímia Especial e Seroloxía e arrendamento dos aparellos necesarios.
Orzamento: 22.000.000 de ptas. (123.222,663 euros).
Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999 con posibilidade de prórroga por anos naturais.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.
Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.
Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.
Criterios de adxudicación:
Características técnicas: ata 20 puntos.
Prezo: ata 20 puntos.
Prazo de entrega: ata 15 puntos.
Control de calidade: ata 15 puntos.
Asistencia técnica: ata 15 puntos.
Posibilidade de ampliación a novas determinacións: ata 15 puntos.
Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación: 440.000 ptas. (2.644,453 euros).
A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Clasificación: non se esixe.
Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.
Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.
Burela, 5 de agosto de 1999.
Jesús Santiago Ares Martínez
Director xerente do Hospital da Costa de Burela