Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., Fuso Orzán Parque (L-15).
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 760 m de lonxitude, que parte do C.T. Orillamar II a C.T. travesía Orillamar, do C.T. parque a C.T. Banco Pastor a C.T. Telefónica e enlaza de novo coa L.M.T.S. a C.T. Orillamar II. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto
rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 13 de xullo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña