Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administraiva e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Campo da Feira do concello de Castroverde. (Expediente 21/1998 A.T.) e da súa declaración de utilidade pública.

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais.

-Liña de media tensión aérea Campo da Feira, de 20 kV con orixen na L.M.T. Gomeán-Castroverde e remate no paso aéreo-Sub. ó Campo da Feira, cunha lonxitude de 0,502 km conductor tipo/sección La-56/54,6 mm con 6 apoios de formigón.

-Liña de media tensión subterránea Campo da Feira, de 20 kV, conductor tipo/sección R.H.V.-12/20 kV-3x95 Al con orixe na L.M.T. aérea ó Campo da Feira e remate no C.T. Campo da Feira cunha lonxitude de 0,06 km.

-Centro de transformación prefabricado Campo da Feira, situado no Campo da Feira cunha potencia de 160 kVA e relación transformación 20.000/380-220V.

-Liña de baixa tensión aérea Campo da Feira, con orixe no C.T. Campo da Feira, cunha lonxitude de 0,893 km con 14 apoios de formigón e 3 circuítos.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afec

tados e implicará a urxente ocupación para os efetos do artigo 15 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda Muralla 70, Lugo), e formular a este as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións

por escrito en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, poden corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 21/98 Provincia: Lugo

L.M.T. Campo da FeiraTermo municipal: Castroverde

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6ChousaMonte altoJesús Pérez AdrioTrav. Montecubeiro, 25

27120 Castroverde

15240

3BChousaMonte altoManuel Santiso PandeloRúa do Outeiro, 11

27120 Castroverde

211261.356