Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. na Valiña, concello de Sarria. (Expediente 15/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do

18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Visto que as alegacións presentadas por Otilia Fernández Fernández, en canto á modificación do trazado, non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57 b) da referida Lei 54/1997 e no artigo 26 do mencionado Decreto 2619/1966, considerando así mesmo que os prexuízos derivados pola imposición da servidume de paso sobre o predio da alegante, non se poden tomar agora en consideración, pois serán obxecto de valoración cando se tramite a peza separada para a fixación do prezo xusto.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

-Línea aérea de media tensión a 20 kV o C.T. da Valiña, con orixe na L.M.T. Sarria-O Oural e remate no C.T. da Valiña, cunha lonxitude de 0,166 km, conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.

-Centro de transformación intemperie na Valiña de 50 kVA 20.000/380-220.

-Liña de baixa tensión aérea na Valiña, con orixe no C.T. da Valiña, de 0,03 km de lonxitude, apoios de formigón en conductores R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm.

-Liña de baixa tensión aérea en Vilar de María, con orixe no C.T. de Vilar de María, de 0,035 km de lonxitude, en conductores R.Z.-0,6/1 kV, -2x25 Al. Apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o esta

blecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 23-6-1999, entendendo que os extremos que se recollen nel non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966 do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo ó levantamento das actas previas, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 29 de marzo, Diario Oficial de Galicia do 16 de marzo e no diario El Progreso do 18 de marzo de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 6 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo