Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xullo de 1999 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1999, e organizadas polas asociacións e fundacións con fins pedagóxicos, legalmente constituídas.

Por Orde do 15 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1999, e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas que teñan nos seus estatutos como fin preferente a formación do profesorado e non teñan a consideración de movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322I.480.0 as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase, unha vez feita a debida xustificación, segundo instruccións recibidas da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, que se deberá realizar ata o 10 de outubro de 1999 para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e ata o 5 de decembro de 1999 para as actividades que se realicen entre o 1 de outubro e o 4 de decembro incluídos.

Terceiro.-Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das axudas económicas concedidas, reunirase a comisión para face-la avaliación destas.

Cuarto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de

modificación da Lei 30/1992, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

Celso Curras Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Ciencias de Ourense: 193.000 ptas.

MRP. Lucus: 193.000 ptas.

Aula Castelao de Filosofía: 193.000 ptas.

Asociación de Directores de CPs. da Coruña: 193.000 ptas.

AMEFCOR: 193.000 ptas.

APIGA: 193.000 ptas.

CIG: 193.000 ptas.

Aspega: 201.000 ptas.

STEG: 193.000 ptas.

Matinando, Asociación Cultural: 193.000 ptas.

Candea, Asociación de Ensinantes do Salnés: 193.000 ptas.

Seminario Permanente de Educación para a Paz: 193.000 ptas.

CC.OO., Federación de Ensino: 193.000 ptas.

Soutullo, Asociación Pedagóxico-Cultural: 193.000 ptas.

Amcraga, Asociación de Mestres dos Colexios Rurais Agrupados de Galicia: 193.000 ptas.

AGPETAL, Asociación Galega de Profesores Especializados en Técnicos de Audición e Linguaxe: 193.000 ptas.

Asociación de Directores da Bisbarra de Santiago: 193.000 ptas.

Asociación Pedagóxico-Cultural Compostelá: 193.000 ptas.

Agamei, Asociación Galega de Mestras/es de Edc. Infant.: 193.000 ptas.

Anllar: 193.000 ptas.

Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia: 60.000 ptas.

MRP Dolmen: 60.000 ptas.