Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 13 de agosto de 1999 Páx. 10.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo (código 2700505), asinado o día 31 de maio de 1999, pola representación da Asociación de Transportes Discrecionales de Mercadorías por Carretera (Tradime), Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Fraccionada, Asociación de Agencias de Carga Completa e das centrais sindicais CC.OO. (27,3%), UGT (40,9%), e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de xullo de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As disposicións do presente convenio obrigan a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que teñan as súas actividades reguladas pola ordenanza laboral de transporte por estrada, e para maior concreción indícanse seguidamente:

Servicios regulares de mercadorías, servicios discrecionais de mercadorías, transporte de peixe, transportes frigoríficos, transportes líquidos, transportes especiais (guindastres, etc.), transportes locais de mercadorías, explotación de túneles e autoestradas, garaxes, aparcamentos e servicios de

lavado e engraxe, despachos auxiliares ou centrais de FF.CC. con vehículos automóbiles, transportes de mobles, mudanzas gardamobles, servicios de aluguer de coches con ou sen conductor.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación en toda a provincia de Lugo, quedando sometidas a el tanto as empresas xa existentes como as de nova creación radicadas no ámbito territorial, ou que aínda tendo o seu domicilio social noutro lugar, teñan establecementos na provincia de Lugo, en canto ó persoal adscrito a eles.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999, finalizando o día 31 de decembro do ano 2000.

Artigo 4º.-Denuncia.

Ó extinguirse o período de aplicación e vixencia do presente convenio, este considerarase expresamente denunciado, sen necesidade de efectuar ningún trámite.

Artigo 5º.-Interpretación do convenio.

Para a interpretación do contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento e, en xeral, para atender a aquelas cuestións que poidan derivarse da súa aplicación, crearase unha comisión mixta paritaria, formada dunha banda por dous representantes de cada unha das partes que no seu momento designen as asociacións patronais asinantes e doutra banda por tres representantes de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio.

No caso de desacordo, as partes someteranse á arbitraxe do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, sen prexuízo das competencias que correspondan á xurisdicción laboral.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

No caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará na súa totalidade sen eficacia práctica, debendo negociarse todo o seu contido.

Artigo 7º.-Lexislación supletoria.

En todo o non recollido no presente convenio observarase o que determine a ordenanza laboral do transporte por estrada, pese a estar derrogada, na medida en que non contradiga a lexislación laboral vixente e mentres non se aprobe un acordo marco estatal ou autonómico sobre a materia.

Artigo 8º.-Condición máis beneficiosa.

Respectaranse as situacións persoais que en cómputo anual excedan destas normas. Toda vez que as melloras que se implantan en virtude deste con

venio teñen carácter de mínimas estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito implantadas polas empresas que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Capítulo II

Xornada, vacacións e descansos

Artigo 9º.-Xornada.

A xornada laboral será de 1.816 horas en cómputo anual, sendo de aplicación ó respecto o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1561/1995.

Artigo 10º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio colectivo desfrutará de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade ou categoría profesional, e de acordo coa normativa laboral vixente.

Para os traballadores que ingresen ou rematen o seu contrato no transcurso do ano, ratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servicios.

As empresas e os representantes legais dos traballadores/as, en ausencia destes os propios traballadores, procurarán pactar un calendario de vacacións nos tres primeiros meses do ano.

Artigo 11º.-Permisos.

Independentemente dos xa establecidos no Estatuto dos traballadores, e que se relacionan a continuación, para todo o persoal afectado polo presente convenio colectivo, establécese un día non laborable e non recuperable dentro da xornada de 1.816 horas.

Conforme o disposto no Estatuto dos traballadores, o traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia.

No suposto no que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario a que tivera dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Tendo en conta a existencia dun grande número de traballadores en paro, tenderase á eliminación das horas extras durante a vixencia do presente convenio. En calquera caso, as empresas terán que respectar escrupulosamente os topes legais existentes.

Capítulo III

Retribucións

Artigo 13º.-Salario de convenio.

A) Será para o ano 1999 o que se establece para cada categoría na correspondente columna do anexo I adxunto, aplicándose con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1999 e servirá de base ou módulo para o cálculo de tódolos complementos persoais de posto de traballo, de cantidade e de calidade. Con independencia desta retribución establécese un salario mínimo de 89.386 pesetas mensuais, como mínimo, sexa cal sexa a categoría profesional de que se trate.

O incremento salarial pactado para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 1999 é dun 2,5%.

B) O salario de convenio será para o ano 2000 o que se establece para cada categoría na correspondente columna do anexo II adxunto, aplicándose desde o 1 de xaneiro do ano 2000 e servirá de base ou módulo para o cálculo de tódolos complementos persoais de posto de traballo, de cantidade e de calidade. Con independencia desta retribución establécese para o ano 2000 un salario mínimo de 91.621 pesetas mensuais, como mínimo, sexa cal sexa a categoría profesional de que se trate.

O incremento salarial pactado para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2000 é dun 2,5%.

Artigo 14º.-Atrasos de convenio.

Os atrasos que resulten da aplicación do presente convenio faranse efectivos ós traballadores como máximo durante os trinta días seguintes á publicación deste convenio no BOP de Lugo.

Artigo 15º.-Complemento de convenio.

Establécese para todo o persoal no ano 1999 un plus de 11.740 pesetas mensuais, cotizable á Seguridade Social.

O complemento de convenio para o ano 2000 será de 12.034 pesetas mensuais, cotizable á Seguridade Social.

Artigo 16º.-Antigüidade.

Para todo o persoal afectado polo presente convenio establécense as percepcións que seguidamente se relacionan polo concepto de antigüidade con carácter de máximas:

-2 ano: 1.500 pesetas mensuais.

-4 anos: 3.000 pesetas mensuais.

-9 anos: 6.000 pesetas mensuais.

-14 anos: 9.000 pesetas mensuais.

-19 anos: 12.000 pesetas mensuais.

-24 anos: 15.000 pesetas mensuais.

-29 anos: 18.000 pesetas mensuais.

O disposto anteriormente enténdese sen prexuízo dos dereitos adquiridos respecto a cantidades xa consolidadas e que veñen percibindo actualmente os traballadores.

Artigo 17º.-Pagas extraordinarias.

As pagas serán tres: Nadal, xullo e beneficios, pagadeira esta última no mes de marzo. O importe destas será, cada unha delas, igual ó salario base de 30 días establecido no convenio máis antigüidade.

Artigo 18º.-Complemento persoal de idiomas.

Para todo aquel persoal incluído no ámbito deste convenio que para o desempeño do seu traballo faga uso dalgún idioma estranxeiro, establécese un complemento persoal de 12.439 pesetas mensuais para o ano 1999 e de 12.750 pesetas mensuais para o ano 2000 para cada idioma empregado.

Para o recoñecemento deste complemento requirirase o uso utilitario do idioma cun nivel adecuado para o entendemento básico nun nivel de conversación comercial.

Para a determinación da aptitude necesaria e do dereito á percepción deste complemento polos traballadores afectados, a comisión mixta paritaria do convenio establecerá anualmente un mínimo dunha convocatoria de probas que se levará adiante coa concorrencia de técnicos titulados nos idiomas correspondentes, que serán os que determinarán o contido das probas a efectuar e valorarán as condicións dos concorrentes ás probas, sen menoscabo da súa ratificación polos representantes que integran a comisión mixta paritaria do convenio.

Artigo 19º.-Complemento de perigosidade.

Para os traballadores ó servicio da empresa á entrada en vigor do convenio de transporte de mercadorías por estrada do ano 1993 e que manipulen ou transporten habitualmente mercadorías explosivas, inflamables ou tóxicas, establécese un complemento de perigosidade na contía de 40.000 pesetas.

Para os traballadores que se contratasen a partir da entrada en vigor dese convenio e que realicen as tarefas indicadas no punto anterior, establécese

un complemento de 40.000 pesetas no caso de que se contraten por tempo inferior a un ano. Se a contratación é por tempo superior a un ano ou indefinida, a contía do referido complemento é de 22.000 pesetas.

Artigo 20º.-Axudas de custo.

A contía das axudas de custo queda establecida para o ano 1999 nas cantidades que seguidamente se relacionan:

-Destacamento: 4.145 pesetas.

-España e Portugal: 4.745 pesetas.

-Resto de Europa: 5.990 pesetas.

Para o ano 2000 a contía das axudas de custo queda establecida nas cantidades que seguidamente se relacionan:

-Destacamento: 4.250 pesetas.

-España e Portugal: 4.865 pesetas.

-Resto de Europa: 6.140 pesetas.

A axuda de custo de destacamento entrará en vigor cando o traballador leve, como mínimo, 15 días de permanencia na mesma praza.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal derivada de accidente de traballo e incapacidade temporal con hospitalización.

Para tal suposto, as empresas completarán a prestación económica da Seguridade Social ata o 100% do salario regulador.

Igualmente, a empresa satisfará o 100% do salario en caso de IT que motive hospitalización e polo período de duración desta. Cando, a xuízo da empresa, existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade, poderá requiri-lo traballador para que se someta a recoñecemento do facultativo que a empresa designe, sendo por conta desta os gastos que se orixinen por tal motivo.

Artigo 22º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio contratarán, no prazo máximo de 30 días a partir da súa publicación no BOP de Lugo deste texto articulado, unha póliza de seguros con primas íntegras ó seu cargo, para tódolos traballadores, que cubrirán os riscos de morte e invalidez permanente (graos de total, absoluta e grande invalidez) derivados de accidente de traballo, incluído in itinere.

As contías serán as seguintes:

-Morte do traballador: 5.000.000 de pesetas.

-Invalidez permanente: 5.000.000 de pesetas.

Artigo 23º.-Xubilacións.

Os traballadores que, con 10 anos como mínimo de antigüidade na empresa, decidan voluntariamente xubilarse anticipadamente e sempre e cando exista

acordo previo entre o traballador e a empresa, recibirán unha gratificación mínima nas contías que seguidamente se relacionan.

-Ós 60 anos de idade: 1.246.300 pesetas.

-Ós 61 anos de idade: 1.081.500 pesetas.

-Ós 62 anos de idade: 906.400 pesetas.

-Ós 63 anos de idade: 700.400 pesetas.

-Ós 64 anos de idade: 545.900 pesetas.

A solicitude de xubilación anticipada deberá efectuala o traballador cun mes de antelación ó cumprimento da idade na que se pretende acoller a este beneficio.

Ó cumpri-los 65 anos de idade, a xubilación será obrigatoria para o traballador, sempre e cando reúna o período de carencia necesario para acceder á correspondente prestación, e coa única excepción de que solicitase con anterioridade á sinatura deste convenio a xubilación anticipada e esta se encontrase en trámite ou pendente de acordo coa empresa, excepción esta que rexerá exclusivamente durante a vixencia do presente convenio.

Artigo 24º.-Cláusula de inaplicación salarial.

Cando unha empresa das incluídas no ámbito de aplicación deste convenio pretenda a inaplicación do nivel retributivo establecido nel, deberá proceder do seguinte xeito:

1. A empresa interesada na inaplicación deberá instala remitindo á comisión paritaria do convenio escrito polo que comunique a súa intención de acollerse ó presente artigo e a causa ou causas que invoque para iso, debendo así mesmo remitir á comisión paritaria, nos 30 días seguintes a tal comunicación, a documentación que acredite a causa ou causas invocadas, documentación entre a que figurará necesariamente a presentada pola empresa con carácter obrigatorio ante o Ministerio de Facenda, Rexistro Mercantil e outros organismos oficiais referida ó último exercicio.

2. A comisión paritaria terá un prazo dun mes, desde a presentación da documentación a que se fai referencia no punto anterior, para resolver. Dentro deste prazo dun mes, escoitarase a representación dos traballadores da empresa solicitante así como os representantes da propia empresa solicitante ante os sindicatos e organizacións empresariais partícipes da mesa negociadora.

3. Serán requisitos necesarios para obte-la inaplicación do nivel retributivo do convenio estar ó día no seu aboamento ata a data da resolución da comisión paritaria, salvo nos casos nos que a comisión paritaria considere oportuno o incumprimento deste requisito.

4. Así mesmo, a empresa debe dar conta da situación de inestabilidade no exercicio anterior e demostrar que, no caso de aplica-lo réxime salarial pactado no convenio, tería que proceder a medidas de extinción ou suspensión de contratos.

5. No caso de considerar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o nivel retributivo que se aplicará na empresa afectada, que en ningún caso debe afectar á estructura establecida para o salario deste convenio.

6. En todo caso, o beneficio de inaplicación só se entende ata o remate do período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude ou, se é o caso, para o prazo que considerase a comisión paritaria.

7. A comisión paritaria estenderá copia fidedigna da súa resolución remitindo exemplares dela á representación da empresa, ós seus traballadores e ós sindicatos e organizacións empresariais que participaron no proceso. Tamén a remitirá á autoridade laboral, para efectos de rexistro, depósito e publicación.

Capítulo IV

Contratación

Artículo 25º.-Contratos de duración determinada regulados no artigo 15.1º.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Estos contratos poderán realizarse cunha duración máxima de trece meses e medio nun período de dezaoito meses.

Capítulo V

Disposicións adicionais

Primeira.-Carné de conducir.

Os conductores e quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta dela, ós que se lles retire o seu permiso de conducción por tempo non superior a 6 meses, serán integrados este tempo a outro traballo, aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servicios de que dispoña a empresa, e seguirán percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto na presente disposición non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir a consecuencia do consumo de drogas ou de inxestión de bebidas alcohólicas en cantidade superior á permitida pola lei.

Segunda.-Dereitos sindicais.

As empresas poderán deducir, a través das nóminas, as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais que corresponda. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos serán entregados á persoa ou entidade que designe a central sindical correspondente.

Terceira.-Garantías sindicais.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro

do ano seguinte, se é o caso, do remate do seu mandato, salvo que esta se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.

Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedeceran a outra causa, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou delegado sindical, no suposto de que estea recoñecido como tal na empresa.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa, exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para o efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas horas retribuídas de que dispoñen os membros de comités de empresa ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia a cursos de formación organizados polos sindicatos.

Cuarta.-Taboleiro de anuncios.

Tódalas empresas afectadas por este convenio facilitarán ós traballadores un taboleiro de anuncios. A súa utilización estará circunscrita a temas de carácter laboral ou sindical, entendidos amplamente. O taboleiro de anuncios poderá ser empregado tamén polas empresas para a inclusión de calquera anuncio ou comunicación que consideren de interese.

Quinta.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes das asociacións provinciais de empresarios de transportes de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector de transportes, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional como regulamentada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

ANEXO I

Táboa salarial convenio transporte mercadorías por estrada

Vixencia 1-1-1999 ó 31-12-1999.

Categoría

profesional

Soldo

base

Gratif.

convenio

Retribuc.

anual

Grupo 1. Persoal técnico superior:

Sugrupo A:
Xefe de servicio136.59411.7402.189.790
Inspector principal121.88711.7401.969.185

Subrupo B:
Enxeñeiro e licenciados121.29111.7401.960.245
Enxeñeiros técnicos e auxiliares titulados101.54411.7401.664.040
Axudante técnico sanitario94.28811.7401.555.200

Grupo 2. Persoal administrativo:
Xefe de sección104.58311.7401.709.625
Xefe de negociado98.58511.7401.619.655
Oficial de 1ª92.45511.7401.527.705
Oficial de 2ª89.84411.7401.488.540
Auxiliar administrativo89.84411.7401.488.540

Sección 2ª. Persoal e axencias de transporte:
Encargado xeral107.77711.7401.757.535
Encargado de almacén103.69411.7401.696.290
Capataz99.61211.7401.635.060
Auxiliar de almacén e báscula89.84411.7401.488.540
Mozo especializado (día)2.99711.7401.504.515
Mozo carga e descarga e reparto (día)2.99711.7401.504.515

Subgrupo B. Transporte de mercadorías:
Xefe de tráfico de 1ª107.77711.7401.757.535
Xefe de tráfico de 2ª103.69411.7401.696.290
Xefe de tráfico de 3ª99.61211.7401.635.060
Conductor mecánico (día)3.22511.7401.608.255
Conductor (día)3.14111.7401.570.035
Conductor motocicleta e furgoneta (día)3.05011.7401.528.630
Axudante (día)2.99711.7401.504.515
Mozo especializado (día)2.99711.7401.504.515
Mozo (día)2.99711.7401.504.515

Sección 1ª. Grupo E: garaxes e aparcamentos:
Encargado xeral de 1ª107.77711.7401.757.535
Encargado xeral de 2ª103.69611.7401.696.320
Encargado de almacén99.61211.7401.635.060
Engraxador-lavacoches (día)2.99711.7401.504.515
Garda caixeiro2.99711.7401.504.515
Gardas de noite e día. Mozo (día)2.99711.7401.504.515

Sección 2ª. Grupo F: estacións de lavado e engraxe:
Encargado de 1ª107.77711.7401.757.535
Encargado de 2ª103.69611.7401.696.320
Engraxador. Mozo de servicio (día)2.75011.7401.392.130
Subrupo F. Transporte de mobles. Mudanzas e gardamobles:
Jefe de tráfico107.77711.7401.757.535
Inspector visitador103.69411.7401.696.290

Categoría

profesional

Soldo

base

Gratif.

convenio

Retribuc.

anual

Encargado de almacén gardamobles. Capataz.99.61211.7401.635.060
Mozo especializado (día)3.01811.7401.514.070
Mozo (día)2.99711.7401.504.515
Carpinteiro (día)3.11011.7401.555.930
Conductor mecánico (día)3.22511.7401.608.255
Conductor (día)3.14011.7401.569.580
Conductor furgonetas e motocicletas (día)3.05011.7401.528.630
Capitonista (día)3.02511.7401.517.255

Grupo 4. Persoal de talleres:
Xefe de taller111.76811.7401.817.400
Encargado ou contramestre100.06611.7401.641.870
Encargado xeral96.59211.7401.589.760
Encargado de almacén92.91211.7401.534.560
Xefe de equipo (día)3.26811.7401.627.820
Oficial de 1ª (día)3.18611.7401.590.510
Oficial de 2ª (día)3.05011.7401.528.630
Oficial de 3ª. Mozo de taller (día)2.99711.7401.504.515

Grupo 5. Persoal de guindastre:
Conductor mecánico (día)4.18311.7402.044.145
Conductor de guindastre (día)3.85011.7401.892.630
Operador de guindastre (día)3.51811.7401.741.570

Persoal subalterno
Cobrador de factura, telefonista, porteiro e vixilante91.10111.7401.507.395
Limpadora (por horas)1.19911.740686.425

ANEXO I

Táboa salarial convenio transporte mercadorías por estrada

Vixencia 1-1-2000 ó 31-12-2000.

Categoría

profesional

Sodo

base

Gratif.

convenio

Retribuc.

anual

Grupo 1. Persoal técnico superior:

Sugrupo A:
Xefe de servicio140.00912.0342.244.543
Inspector principal124.93412.0342.018.418

Subrupo B:
Enxeñeiro e licenciados124.32312.0342.009.253
Enxeñeiros técnicos e auxiliares titulados104.08312.0341.705.653
Axudante técnico sanitario96.64512.0341.594.083

Grupo 2. Persoal administrativo:
Xefe de sección107.19812.0341.752.378
Xefe de negociado101.05012.0341.660.158
Oficial de 1ª94.76612.0341.565.898
Oficial de 2ª92.09012.0341.525.758
Auxiliar administrativo92.09012.0341.525.758

Sección 2ª. Persoal e axencias de transporte:
Encargado xeral110.47112.0341.801.473
Encargado de almacén106.28612.0341.738.698
Capataz102.10212.0341.675.938
Auxiliar de almacén e báscula92.90912.0341.525.758
Mozo especializado (día)3.07212.0341.542.168
Mozo carga e descarga e reparto (día)3.07212.0341.542.168

Subgrupo B. Transporte de mercadorías:
Xefe de tráfico de 1ª110.47112.0341.801.473
Xefe de tráfico de 2ª106.28612.0341.738.698
Xefe de tráfico de 3ª102.10212.0341.675.938
Conductor mecánico (día)3.30612.0341.648.638
Conductor (día)3.22012.0341.609.508
Conductor motocicleta e furgoneta (día)3.12612.0341.566.738
Axudante (día)3.07212.0341.542.168
Mozo especializado (día)3.07212.0341.542.168

Categoría

profesional

Sodo

base

Gratif.

convenio

Retribuc.

anual

Mozo (día)3.07212.0341.542.168

Sección 1ª. Grupo E: garaxes e aparcamentos:
Encargado xeral de 1ª110.47112.0341.801.473
Encargado xeral de 2ª106.28812.0341.738.728
Encargado de almacén102.10212.0341.675.938
Engraxador-lavacoches (día)3.07212.0341.542.168
Garda caixeiro3.07212.0341.542.168
Gardas de noite e día. Mozo (día)3.07212.0341.542.168

Sección 2ª. Grupo F: estacións de lavado e engraxe:
Encargado de 1ª110.47112.0341.801.473
Encargado de 2ª106.28812.0341.738.728
Engraxador. Mozo de servicio (día)2.81912.0341.427.053
Subrupo F. Transporte de mobles. Mudanzas e gardamobles:
Xefe de tráfico110.47112.0341.801.473
Inspector visitador106.28612.0341.738.698
Encargado de almacén gardamobles. Capataz.102.10212.0341.675.938
Mozo especializado (día)3.90312.0341.551.723
Mozo (día)3.07212.0341.542.168
Carpinteiro (día)3.18812.0341.594.948
Conductor mecánico (día)3.30612.0341.648.638
Conductor (día)3.21912.0341.609.053
Conductor furgonetas e motocicletas (día)3.12612.0341.566.738
Capitonista (día)3.10112.0341.555.363

Grupo 4. Persoal de talleres:
Xefe de taller114.56212.0341.862.838
Encargado ou contramestre102.56812.0341.682.928
Encargado xeral99.00712.0341.629.513
Encargado de almacén95.23512.0341.572.933
Xefe de equipo (día)3.35012.0341.668.658
Oficial de 1ª (día)3.26612.0341.630.438
Oficial de 2ª (día)3.12612.0341.566.738
Oficial de 3ª. Mozo de taller (día)3.07212.0341.542.168

Grupo 5. Persoal de guindastres:
Conductor mecánico (día)4.28812.0342.095.448
Conductor de guindastre (día)3.94612.0341.939.838
Operador de guindastre (día)3.60612.0341.785.138

Persoal subalterno
Cobrador de factura, telefonista, porteiro e vixilante93.37912.0341.545.093
Limpadora (por horas)1.22912.034 703.603