Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por Indofi, S.L., para a urbanización de rúa perimetral a edificio de 64 vivendas, sita en Pastoriza-Arteixo, redactado polos arquitectos Fernando Pousada García e Ángel Ligero Martínez-Risco e visado polo COAG con data do 15 de marzo de 1999, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 13/99. PUR).

Arteixo, 31 de maio de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente