Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO da contratación, por concurso de procedemento aberto do proxecto de equipamento e posta en funcionamento do Teatro Principal.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente, secretaria. Obxecto do contrato: a subministración e colocación do equipamento contido no proxecto redactado polo arquitecto David Martínez Quinteiro. Prazo de execución, dous meses a partir da formalización do contrato. Tramitación, ordinaria. Procedemento, aberto. Forma, concurso. Tipo de licitación, 45.000.000 de ptas., IVE incluído e honorarios de dirección que se descontarán ó contratista nas certificacións correspondentes. Garantía provisoria, 900.000 ptas. Garantía definitiva, 1.800.000 ptas. Obtención de documentación na secretaría xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, teléfono 986 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas, nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral de 9 a 13 horas. Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre número 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2.-Oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3.-Documentación que xustifique a experiencia e garantía ofer

tada. Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten. Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 23 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado