Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento do novo sistema de información contable.

En cumplimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público polo procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento do novo sistema de información contable.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financieira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 13 37, fax: 981 54 13 03.

b) Número de expediente: 11/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para o desenvolvemento do novo sistema de información contable.

b) Prazo de execución: 8 horas, contadas a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

61.248.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía.

-Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación, 1.224.960 ptas.

-Garantía definitiva: 4% do orzamento máximo de licitación, 2.449.920 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidad e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 13 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financiera e Contable (CIXTEC) ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remision da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No Centro Informatico para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informatico para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable