Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración dun mínimo de catro (4) tractores.

1. Orzamento máximo: 58.400.000 pesetas, IVE incluído.

2. Prazo de execución do contrato: máximo para a entrega dun mínimo de tres tractores, o 15 de novembro de 1999. Máximo para a entrega do resto da oferta, o 30 de xaneiro do ano 2000.

3. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (1.168.000 pesetas).

4. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación ( 2.336.000 pesetas).

5. Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños, nº 2, antes das catorce horas do día 27 de setembro de 1999, data na que estarán cumpridos cincuenta e dous días desde que se remitiu para a súa publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas este anuncio, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

6.1. No sobre de documentación xeral, a establecida na cláusula 7.1. do prego de cláusulas administrativas.

6.2. No sobre de proposición económica, a establecida na cláusula 7.2. do mencionado prego.

6.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.3 do referido prego.

7. Variantes: non se admitirán variantes.

8. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás doce horas do día 7 de outubro de 1999.

9. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán ó dispor dos licitadores para o seu exame e recollida durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, na rúa dos Basquiños, nº 2, Santiago de Compostela.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente