Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 28 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente Secretaría 38/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo de 1 mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: Secretaría 38/1999.

Denunciado: Comafa, S.L.

Razón social: Cafetería Delfos.

NIF: B15.073.430.

Último enderezo coñecido: Avda. da Mariña, 7. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

No caso de conformidade coa sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor de Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde, nº 0182594701140179 do Banco Bilbao-Vizcaya, rúa A Senra, 3-5, Santiago de Compostela.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña