Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-43/99-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo que se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción o Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Ramona Celia Fernández Álvarez e secretaria a María del Carmen Ucha Fernández.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; poderán ser recusadas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Pontevedra, 24 de xuño de 1999.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-43/99-PO.

Denunciado: Plácido Quinteiro Blanco.

Último enderezo coñecido: rúa mercado nº 18, Lalín.

Feito denunciado: falta de desinfección vehículo.

Data do acordo de incoación: 17-3-1999.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.2º do Decreto do 4-2-1955 polo que se aproba o regulamento a Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 5.000 ptas.