Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 12 de agosto de 1999 Páx. 10.201

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 26 de xullo de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 8 de xuño de 1999 (DOG nº 119, do 23 de xuño), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicando destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse, acto seguido, os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación, recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, ou, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición ante esta consellería.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO I

Nº R.P.: 1571992102 A2095.

Grupo: A/B.

Apelidos e nome: Santos Ucha, Francisco.

Posto de traballo: xefe de Área VI-Santiago.

Nivel: 26.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Nº R.P.: 1767664835 A2095.

Grupo: A/B.

Apelidos e nome: Ortega Carrasco, Jesús.

Posto de traballo: xefe de servicio-director escola-Sergude.

Nivel: 26.

Localidade: Boqueixón.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.