Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/247-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Tollo-Goián.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 93 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 91, que se substituirá da L.M.T. ó C.T. Fontela, ata o C.T.

que se proxecta en Tollo-Goián, Concello de Tomiño. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 480 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 17 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 99/247. L.M.T., C.T., R.B.T. Tollo-GoiánProvincia: Pontevedra

Termo municipal: Tomiño

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1EiriñasPradoJulita Santos RodríguezA Calle-Goián, 27, 36750 Tomiño1235355

2EiriñasLabradíoMª del Pilar Portela RodríguezFontela-Goián, 15, 36750 Tomiño20250

3EiriñasLabradíoMª Carmen Asensio FernándezA Gándara-Goián, 14, 36750 TomiñoC.T.620200

7167