Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/12-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas

Denominación: L.M.T. e C.T. Bugarín-A Chan.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 872 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o centro de distribución de Queidores ata o C.T. que se proxecta en Bugarín-A Chan, Concello de Ponteareas. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións proce

dentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 9 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 98/12. Liña de media tensión (centro de transformación A Chan-Bugarín, Ponteareas

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

PA-3BugarínMalezaHerdeiros Ramón Peña BóvedaCanedo de Arriba, nº 49, Ponteareas1890

PA-14BugarínLabradíoIndalecio González AlonsoA Costeliña, 14, Pías, Ponteareas32256

PA-17BugarínMonteConstantino Monteiro CarreraRúa Homen 440, casa 1, 20551070 Vila Isabel, Río de Janeiro (Brasil)520

PA-21BugarínMonteAntonio Mariño GonzálezR/ Massana, nº 48-1-2º, Gironanº 72,252080