Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 11 de agosto de 1999 Páx. 10.165

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de xullo de 1999 pola que se autoriza o centro privado de ensinanzas musicais Karl Nielsen de Ourense para impartir ensinanzas correspondentes ó grao profesional.

O artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia establece que é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e, o artigo 1º do Decreto 213/1998, do 10 de xullo, dispón que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as ditas competencias.

Examinado o expediente promovido por Jens Peter Jensen Silva, titular do centro privado de ensinanzas musicais de grao elemental Karl Nielsen autorizado por Orde do 4 de outubro de 1995 (DOG do 6 de novembro), en solicitude de autorización para impartir no dito centro as ensinanzas musicais de grao profesional que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Tendo en conta os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Ourense sobre o cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro, título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Karl Nielsen de Ourense para imparti-las ensinanzas musicais de grao profesional que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-O centro poderá impartir, ademais, con validez académica oficial, as ensinanzas das materias correspondentes ó plan de estudios regulamentado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, que non foran suprimidas polo Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, modificado polos RR. DD. 535/1993, do 12 de abril; 1487/1994, do 1 de xullo; 1468/1997, do 19 de setembro; 173/1998, do 16 de febreiro, e 1112/1999, do 25 de xuño (BOE do 8 de xullo).

Terceiro.-O centro privado de ensinanzas musicais Karl Nielsen contará con 80 postos escolares para o grao elemental e 180 para o grao profesional.

Cuarto.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de ensinanzas musicais Karl Nielsen queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio profesional de música de Ourense.

Quinto.-A presente autorización para imparti-las ensinanzas musicais de grao profesional ó centro privado Karl Nielsen producirá efectos a partir do curso académico 1999/2000.

Sexto.-De acordo co disposto no artigo 23 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá á revogación da presente autorización se o centro deixase de reunir calquera dos requisitos mínimos establecidos no Real decreto 389/1992, do 15 de abril.

Sétimo.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las medidas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Oitavo.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Código: 32016650.

Titular: Jens Peter Jensen Silva.

Domicilio: Rúa Progreso nº 139-baixo.

Denominación específica: centro autorizado de ensinanzas musicais Karl Nielsen.

Ensinanzas que se autorizan: grao profesional de música.

Nº de postos escolares autorizados: 80 para grao elemental e 180 para grao profesional.