Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de xullo de 1999, aprobou os pregos de cláusulas administrativas que rexerán os procedementos abertos polo trámite urxente para a contratación por concurso das obras de abastecemento e saneamento en Vilamarín (Programa PIEL 1999), e de saneamento e pavimentación en Coto e Figueiredo (Plan Comarca Acción Especial 1999), os cales se expoñen ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúncianse concursos públicos polo trámite urxente, aínda que as licitacións se aprazarán cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto dos contratos. Descrición.

a) A execución da obra abastecemento e saneamento en Vilamarín, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico José A. Rodríguez Rodríguez. Plazo de execución 3 meses.

b) A execución da obra saneamento e pavimentación en Coto e Figueiredo, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Pablo González Rodríguez. Prazo de execución 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación.

a) Obra de abastecemento e saneamento en Vilamarín. O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 12.225.219 pesetas.

b) Obra de saneamento e pavimentación en Coto e Figueiredo, o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 9.858.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C.P. 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 60 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información. Ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación para ningunha das obras citadas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte das citadas contratacións, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica nos pregos de cláusulas administrativas que rexen as citadas contratacións, conforme os modelos que os ditos pregos establecen e da forma que se indica na base 19º de cada prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: obra de abastecemento e saneamento en Vilamarín ás doce horas do terceiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábado). Obra de saneamento e pavimentación en Coto e Figueiredo, ás trece horas do terceiro día hábil posterior á finalización do prazo de presentación de porposicións (excepto sábados).

Vilamarín, 24 de xullo de 1999.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde