Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de xullo de 1999, aprobou os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación por concurso da obra de edificio de usos múltiples en Vilamarín, fase 3ª, obra nº 493, POL 1999, os cales se expoñen ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto dos contratos. Descrición.

A execución da obra edificio de usos múltiples en Vilamarín, fase 3ª obra nº 493, POL 1999 conforme o proxecto básico redactado pola arquitecta Elvira Carregado Pazos. Prazo de execución 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Obra de edificio de usos múltiples en Vilamarín, fase 3ª. O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 13.330.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C.P. 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 60 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C. Subgrupo: todos. Categoría: D.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte da citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica nos pregos de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º de cada prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: obra de edificio de usos múltiples en Vilamarín, fase 3ª, ás catorce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Vilamarín, 24 de xullo de 1999.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde