Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 28 de xuño de 1999, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso para a execución das obras de reurbanización do contorno do parque Rosalía de

Castro, primeira fase; por medio deste anuncio comunícase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto sinalado no encabezamento, redactado polo Servicio de Enxeñería deste concello.

b) Prazo de execución: o prazo máximo de execución é de catro meses. Non obstante, o prazo de execución será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 31.913.290 pesetas, IVE incluído. Non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

5. Garantías.

Provisional: 638.266 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59, 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría D.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 5 de xullo de 1999.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

José Clemente López Orozco

Alcalde