Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAZA

EDICTO.

A alcaldía, mediante Resolución do 12 de xullo de 1999, aprobou os expedientes de contratación por concurso en procedemento aberto, declarados de tramitación urxente, das seguintes obras:

1. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Vilameá e Correchouso.

2. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Arcucelos e Carraxo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Laza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

1. Conducción de auga e saneamento.

2. Conducción de auga e saneamento.

b) Lugar de execución:

1. Vilameá e Correchouso.

2. Arcucelos e Carraxo.

c) Prazo de execución:

1. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Vilameá e Correchouso: tres meses.

2. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Arcucelos e Carraxo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

1. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Vilameá e Correchouso: 16.154.300 ptas.

2. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Arcucelos e Carraxo: 13.240.000 ptas.

5. Garantías.

1. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Vilameá e Correchouso: provisional, 323.086 ptas; definitiva, 646.172 ptas.

2. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Arcucelos e Carraxo: provisional, 264.800 ptas; definitiva, 529.600 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Laza.

b) Domicilio: r/ Castiñeiro, nº 4.

c) Localidade e código postal: Laza, 32620.

d) Teléfono: 988 42 20 02.

e) Telefax: 988 42 20 02.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde

o seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

1. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Vilameá e Correchouso: non se esixe clasificación do contratista.

2. Abastecemento e saneamento ós núcleos de Arcucelos e Carraxo; esíxese a seguinte clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da última publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincidise con sábado o festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores serán os que se prevén nos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Laza.

2ª Domicilio: r/ Castiñeiro, nº 4.

3ª Localidade e código postal: Laza, 32620.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Laza.

b) Domicilio: r/ Castiñeiro, nº 4.

c) Localidade: Laza.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: a partir das 18 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados polas bases de contratación.

11. Gastos de anuncios.

Serán sempre por conta do adxudicatario.

O alcalde

Rubricado