Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (Expediente LU-E 93/1999 e catro máis).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 122, do luns, 28 de xuño de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

-No anexo, no expediente correspondente a Fernando Méndez Rodríguez, onde di: «LU-E 97/1999», debe dicir: «LU-E 99/1999»; e no correspondente a Ramón González Freire, onde di: «LU-E 97/1997», debe dicir: «LU-E 105/1999».