Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de xullo de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio de seis bateas de cultivo de mexillón denominadas Escollera B-3, Gaboteira A-2, Escollera B-5, Escollera B-2, Escollera B-7 e Gaboteira A-5, a favor de Joaquín Bonet Iglesias, María Malvido Magdaleno, Antonio Piñeiro Costas e Amalia Otero Gutiérrez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión das concesions administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, en autos executivo outros títulos 00122/1996, dictou auto de aprobación de remate, o 7 de xullo de 1998, dos establecementos que se citan a favor de Joaquín Bonet Iglesias e Antonio Piñeiro Costas, con carácter pro indiviso e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, procla

mando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

-Denominación da batea: Escollera B-3.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Sada 1, cuadrícula 72.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data do remate da última prórroga: 17-6-2005.

-Denominación da batea: Gaboteira A-2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Sada 1, cuadrícula 33.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data do remate da última prórroga: 17-6-2005.

-Denominación da batea: Escollera B-5.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Sada 1, cuadrícula 81.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data do remate da última prórroga: 17-6-2005.

-Denominación da batea: Escollera B-2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Sada 1, cuadrícula 60.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data do remate da última prórroga: 17-6-2005.

-Denominación da batea: Escollera B-7.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Sada 1, cuadrícula 82.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data do remate da última prórroga: 17-6-2005.

-Denominación da batea: Gaboteira A-5.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Sada 1, cuadrícula 71.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data do remate da última prórroga: 17-6-2005.

Anterior titular: Mejilloneras del Norte, S.A. (A-15234156).

Novos titulares das concesions e bateas: Joaquín Bonet Iglesias (35.889.827) casado con María Malvido Magdaleno (35.882.723), propietarios de 1/2 indiviso con carácter ganancial e Antonio Piñeiro Costas (35.273.727) casado con Amalia Otero Gutiérrez (78.731.815), propietarios de 1/2 indiviso con carácter ganancial.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º

da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 8 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña