Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xullo de 1999 pola que se lle autorizan novas ensinanzas ó centro privado San Miguel 2 de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado San Miguel 2 de Vigo, no que solicita autorización definitiva para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración e finanzas e desenvolvemento de productos electrónicos.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE 8

de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración e finanzas, Decreto 101/1999 (DOG do 23 de abril) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en administración e finanzas, Real decreto 620/1995 (BOE do 9 de agosto) polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvemento de productos electrónicos, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San Miguel 2 de Vigo, para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior que se especifican no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que por esta orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Tomás A. Alonso, 13.

Código do centro: 36011211.

Denominación: centro privado San Miguel 2.

Titular: Colegio San Miguel, S.L. y otros.

Ensinanzas que se autorizan:-Familia profesional: administración.

1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 30 postos/unidade).-Familia profesional: electricidade e electrónica.

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos (2 unidades, 30 postos/unidade).

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de formación profesional específica:

-1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 30 postos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos (2 unidades, 30 postos/unidade).