Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Fonte do Sapo, nos concellos de Meis e Poio (provincia de Pontevedra), por parte de Manuel Vaqueiro, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Manuel Vaqueiro, S.L., con domicilio en Vacaría, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 26 de marzo de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Fonte do Sapo, de 10 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Meis e Poio, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2.806 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 44' 20''42º 28' 40''

Vértice 28º 43' 00''42º 28' 40''

Vértice 38º 43' 00''42º 27' 40''

Vértice 48º 43' 40''42º 27' 40''

Vértice 58º 43' 40''42º 28' 00''

Vértice 68º 44' 20''42º 28' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 7 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra