Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Serra, no concello de Meis (provincia de Pontevedra), por parte de Manuel Vaqueiro, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Manuel Vaqueiro, S.L., con domicilio en Vacaría, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 26 de marzo de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Serra, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Meis, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2.805 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 42' 40''42º 29' 40''

Vértice 28º 42' 00''42º 29' 40''

Vértice 38º 42' 00''42º 29' 00''

Vértice 48º 42' 40''42º 29' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 6 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra