Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 6 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio de expediente sancionador, referencia E.S.14/1999, seguido á empresa Elmasa, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o inicio de expediente sancionador instruído por utilización de depósitos de gasóleo para uso propio sen a preceptiva autorización administrativa desta delegación, infrinxindo o previsto tanto no artigo 16.3.1ª da Lei de ordenación do sector petroleiro, como no artigo 31.3.a) da Lei de industria, así como polo incumprimento de calquera outra prescrición regulamentaria non incluída nos puntos anteriores dos respectivos artigos en relación co Decreto 204/1994, do 16 de xullo, da Consellería de Industria e Comercio, que no seu artigo 46 establece taxativamente que este tipo de depósitos, antes da súa instalación, deberán cumprir unha serie de requisitos non cumpridos neste caso.

O interesado dispón do prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-lo expediente na Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, e presenta-las alegacións que coide pertinentes, conforme establece o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9), sobre Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Nº expediente: E.S.14/1999.

Denunciado: Elmasa, S.A. Obras públicas.

Domicilio: Collado Villalba (M)-Berrocal, 4. 28400 Madrid.

A Coruña, 6 de xullo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña