Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a adquisición de diverso material informático para centros de ensino dependentes desta consellería. (Expediente SC 11/1999).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamentos.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material informático para centros de ensino.

b) Lugar de entrega: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polígono Industrial Toedo, A Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de entrega: 30 días ou inferior segundo oferta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 699.381.780 ptas. (4.203.369,153 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Documentación.

a) Teléfono: 981-59 07 11.

b) Enderezo: r/ Nova de Abaixo, nº 19, Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do 27 de setembro de 1999.

b) Documentación a presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 4 de outubro de 1999.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1999.

P.D (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria