Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.105

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos de análise económica, do departamento de Análise Económica, a Juan Antonio García Cebro.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de outubro de 1998 (BOE do 28 de novembro), para a provisión da praza número 98/063, de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos de análise económica, departamento de Análise Económica desta universidade, a favor de Juan Antonio García Cebro, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Antonio García Cebro, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos de análise económica, do departamento de Análise Económica, desta universidade.

A Coruña, 16 de xullo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña