Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 14 de xullo de 1999 pola que se fixa o prezo de venda ó público das publicacións Anuario de Estatística Agraria 1997, Fertilización Forestal, Agricultura e Ilustración e Pensamento Forestal no Século XX.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Con

sellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO I

-Anuario de Estatística Agraria 1997: 6.500 pesetas.

-Fertilización Forestal: 2.000 pesetas.

-Agricultura e Ilustración: 3.200 pesetas.

-Pensamento Forestal no Século XX: 3.200 pesetas.