Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.097

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 27 de xullo de 1999 pola que se dispón o cesamento de vocal en representación da Xunta de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de marzo de 1999, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma, e, aceptada a renuncia da representante da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, xa que logo,

DISPOÑO:

Artigo único.

O cesamento de Mª Fernanda Blanco Fernández como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda