Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA de obras de plans provinciais e fondo de cooperación local.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexsitro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 5184.

Relacións de obras:

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/orzamento.

29/PB/99/Abastecemento, saneamento, pavimentación beirarrúas r/ Irmáns Álvarez/Coregada/5 meses/12.350.000 ptas.

39/PB/99/Pavimentación r/ praza Maior e S. Antonio en Maside/Maside/3 meses/14.840.000 ptas.

64/PB/99/Rede de sumidoiros Ventosela, Outerio e Gaíme/ San Amaro/5 meses/12.750.000 ptas.

80/PB/99/Saneamento Gudín e acondicionamento fosas sépticas/Xinzo de Limia/3 meses/6.500.000 ptas.

251/FCL/99/Acceso a Sadurnín-Cenlle/Cenlle/3 meses/11.382.485 ptas.

272/FCL/99/Rede de sumidoiros e abastecemento en Cortegada/Cortegada/3 meses/9.642.552 ptas.

571/FCL/99/Camiño acceso de Forcas a S. Lorenzo E./Parada de Sil/4 meses/13.549.523 ptas.

611/FCL/99/Camiño de acceso a núcleos do municipio/Piñor/4 meses/12.324.973 ptas.

731/FCL/99/Abastecemento e iluminación pública en Rubiá/Rubiá/3 meses/12.966.474 ptas.

741/FCL/99/Iluminación diversas vilas de San Amaro/San Amaro/3 meses/11.880.827 ptas.

496/POL/Terminación abastecemento e saneamento en Morgade/Xinzo de Limia/5 meses/16.500.000 ptas.

Ourense, 28 de xullo de 1999.

O presidente

Rubricado