Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e o funcionamento da xunta de compensación do P.P. Cambeses. (Expediente 4113/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 18 de xuño de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e o funcionamento da xunta de compensación do P.P. Cambeses, segundo o texto refundido presentado por propietarios de terreos do ámbito constituídos en comisión xestora, con data do 28 de maio de 1999, no Rexistro da Xerencia, aprobado inicialmente polo Consello da Xerencia en sesión que tivo lugar o 18 de decembro de 1998, e publicado no BOP nº 21, do 2 de febreiro de 1999 e no Diario Oficial de Galicia nº 34, do 19 de febreiro de 1999.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, das que se ignore o lugar de notificación, ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 12 de xullo de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo