Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRENDA

ANUNCIO de licitación.

O Pleno do Concello, en sesión do 30-7-1999, acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expoñen xunto con este anuncio polo prazo de sete días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público. Únese extracto do dito prego de cláusulas.

Extracto do prego.

Convocatoria de concurso: contratación da obra de abastecemento a Pousaflores incluída no Fondo de Cooperación Local para 1999 e no Plan Adicional ó de Comarcas de Acción Especial para 1999.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 99-Ctr/002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de abastecemento en Pousaflores conforme o proxecto aprobado.

b) Prazo de execución: cinco meses.

c) Orzamento: 11.757.000 ptas.

3. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do tipo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Padrenda.

b) Domicilio: r/ San Roque, 17.

c) Localidade: Padrenda (C.P. 32226).

d) Teléfono: 988 49 47 83.

e) Fax: 988 49 47 00.

f) Data límite de obtención de documentación: o décimo terceiro día natural posterior á inserción deste anuncio no último diario oficial no que apareza publicado (de coincidir con festivo ou sábado postergarase ó seguinte día hábil).

6. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural posterior á inserción deste anuncio no último diario oficial no que apareza publicado, sabendo que se insire tamén no BOP de Ourense (de coincidir con festivo ou sábado postergaríase ó seguinte día hábil), ás 14 horas.

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente do prego de condicións que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: persoalmente no rexistro xeral do concello (mesmos datos do punto 5). Non se admiten outras formas de presentación.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

7. Apertura de ofertas.

a) Apertura do sobre de documentación:

a.1) Data e lugar: seguinte día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas. Se fose sábado, realizaríase o seguinte día hábil. Sesión non pública na Casa do Concello de Padrenda.

a.2) Hora: 12 horas.

b) Apertura do sobre de proposición económica:

b.1) Data e lugar: seguinte día hábil ó da apertura do sobre de documentación. Se fose sábado, realizarase o seguinte día hábil. Sesión pública na Casa do Concello de Padrenda.

b.2) Hora: 12 horas.

8. Gastos de anuncios.

Serán sempre por conta do adxudicatario.

En Padrenda o 30 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado