Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (78/1998).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 24 de xuño de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente a alegación presentada por Víctor Manuel Gómez Izquierdo, en representación de Alcampo, S.A., á aprobación inicial do proxecto de urbanización área B; polígono B; sector Campus de Ourense, SU-25 de conformidade cos informes técnicos e xurídicos emitidos, dos que se dará traslado ó interesado para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente por pedimento de Ángel Prol Garrido, en representación de Obras e Promociones Prol Garrido, S.L. o proxecto de urbanización área B, polígono B2; sector Campus do PXOU de Ourense, logo de constitución da garantía por importe de 40.000.000 de ptas. (corenta millóns de pesetas) co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 8 de xullo de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente