Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 28 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e outros.

Comunícase que está aberto o prazo ata o día 20 de agosto de 1999, para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, para as seguintes disciplinas: física e química, análise e química industrial e laboratorio, procesos e productos en madeira e moble, procesos na industria alimentaria e operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios, equipos electrónicos, fabricación e instalación de carpintería e moble, ruso, arabe, xaponés, canto, composición e instrumentación, contrabaixo, guitarra e interpretación nos sistemas de signos internacionais (SSI).

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal