Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra RC-PO-99.1.

a) Obras.

1. Mellora de seguridade vial. Rectificación de curva na C-550 en Paxariñas. Sanxenxo.

Clave: RC-PO-99.1

Orzamento: sete millóns oitocentas sete mil trescentas setenta e cinco (7.807.375) pesetas.

Prazo de execución: un mes.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia nº 7. Teléfono: 986 80 56 42.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadore: esixirase a garantía provisional que se indica no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia nº 7, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia nº 7, ás dez horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 28 de xullo de 1999.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra