Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.021

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 1998), sobre a publicación da puntuación definitiva da fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 28 de xullo de 1999, os tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, á vista das alegacións formuladas á baremación provisional da fase de concurso, aprobada por resolución dos tribunais

mencionados do 1 de xullo de 1999 e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 129, do 7 de xullo de 1999, acordaron publica-la puntuación definitiva da fase de concurso, que é a que figura como anexo á presente resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin a vía administrativa, poderán os aspirantes que o consideren oportuno, formular recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública,

no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1999.

Jaime Bouzada RomeroJosé Antonio Fernández Vázquez

Presidente do TribunalPresidente do Tribunal

número 1número 2

Domingo Bello Janeiro

Presidente do Tribunal

número 3