Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 233/1999, do 29 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de construcción dun paso inferior baixo a N-525, saneamento, abastecemento e beirarrúas no núcleo do Eixo.

O Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), en sesión celebrada o día 10 de setembro de 1998, aprobou o proxecto de construcción dun paso inferior baixo á N-525, saneamento, abastecemento e beirarrúas no núcleo do Eixo e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data en entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 20 de xullo de 1999.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data 28 de xullo de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque os veciños da zona afectada polo expediente expropiatorio xa se manifestaran favorablemente, de forma individual e colectiva, á necesidade de levar a cabo as obras de que se trata, principalmente por razóns de seguridade viaria nun tramo no que a perigosidade para peóns e conductores é evidente.

Un excesivo atraso na realización do proxecto, motivado por un procedemento expropiatorio máis lento, podería supoñer que as condicións da perigosidade actuais se prolongasen demasiado.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Concello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a

urxente ocupación, polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de construcción dun paso inferior baixo á N-525, saneamento, abastecemento e beirarrúas no núcleo do Eixo.

Santiago de Compostela, vintenove de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais