Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Enderezo social: A Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: L.M.T. e C.T. A Portavedra-Malvas.
Situación: Gondomar e Tui.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 7.161 m de lonxitude, con conductor tipo LA-78, desde A Portavedra ata o C.T. que se proxecta en Malvas, concellos de Gondomar e Tui. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15/20-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Pontevedra, 25 de xuño de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra