Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/268-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e reforma C.T. Velázquez Moreno.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña T.R.O. 711 no cruzamento das

rúas Marqués de Valladares e Velázquez Moreno, ata o C.T. existente de Velázquez Moreno, concello de Vigo. Reforma do C.T. Velázquez Moreno.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra