Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.956

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública do seguinte posto vacante, de acordo coas seguintes bases:

1. Director técnico para a súa unidade de cardioloxía intervencionista.

Titulación: título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, con especialidade en cardioloxía.

Experiencia: experiencia mínima de dez anos en unidades de Hemodinámica e Cardioloxía Intervencionista onde se realicen unha media 1.000 procedementos intervencionistas/ano, participando como primeiro operador nun mínimo de 1.500 procedementos intervencionistas. Experiencia acreditada en tódalas técnicas de aterectomía e anxioplastia coronaria, incluíndo láser.

Presentación de solicitudes: os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a referencia DTCI, dirixido ó Instituto Galego de Medicina Técnica, praza Europa 5 A, 6º B (15.703 Santiago de Compostela), no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.