Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reforma e mellora dos circuítos de iluminación pública na zona do rural.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n., 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: sesenta días.

3. Tramitación, procedimiento e forma de adxudicación.

a) Ordinaria. b) Aberto. c) Concurso.

4. Orzamento de licitación: 19.948.906 ptas. incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 398.978 ptas. b) Definitiva: 797.956 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguientes gastos.

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 29 de xuño de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral