Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a adquisición e subministración para a modernización da fabrica de xeo do porto pesqueiro de Ferrol.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso aberto, polo trámite de urxencia, da adquisición e subministración para a modernización da fabrica de xeo no porto pesqueiro de Ferrol.

Obxecto: adquisición e subministración para a modernización da fábrica de xeo no porto pesqueiro de Ferrol.

Orzamento e tipo: seis millóns trescentas cincuenta e seis mil cen pesetas (6.356.100), IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: tres meses desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertenecentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax a secretaría xeral, no que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil siguiente.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

P.D. (Resolución 23-2-1999)

José-Ricardo Díaz Presedo

Subdirector xeral de Coordinación