Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das asistencias consistentes en enquisa de prezos da terra na Comunidade Autónoma en 1999; enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 1999 e actualización do directorio de explotacións industriais na provincia de Ourense na enquisa de agosto; e enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias da Coruña e Pontevedra no ano 1999.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: enquisa de prezos da terra na Comunidade Autónoma en 1999; enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 1999 e actualización do directorio de explotacións industriais na provincia de Ourense na enquisa de agosto; e enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias da Coruña e Pontevedra no ano 1999, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes:

Lote 1: enquisa de prezos da terra na Comunidade Autónoma en 1999.

Lote 2: enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 1999 e actualización do directorio de explotacións industriais na provincia de Ourense na enquisa de agosto.

Lote 3: enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias da Coruña e Pontevedra no ano 1999.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: os sinalados no punto cinco do prego de prescriccións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1: setecentas mil pesetas (700.000 ptas.) (4.207,08 euros).

Lote 2: tres millóns seiscentas noventa e sete mil duascentas pesetas (3.697.200 ptas.) (22.220,62 euros).

Lote 3: dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 ptas.) (15.025,30 euros).

5. Garantías.

Provisional: exenta.

Definitiva: lote 1: vinteoito mil pesetas (28.000 ptas.) (168,28 euros).

Lote 2: cento corenta e sete mil oitocentas oitenta e oito pesetas (147.888. ptas.) (888,82 euros).

Lote 3: cen mil pesetas (100.000 ptas.) (601,01 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 90.

e) Telefax: 981 54 66 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http:// www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 30 de agosto de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 9 de setembro de 1999.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria