Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 16 de xullo de 1999 pola que se acorda inicia-lo expediente para declarar como solo contaminado os terreos afectados do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra).

A Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, establece no seu artigo 27 que as comunidades autónomas declararán como solos contaminados aqueles nos que se dea a presencia de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana.

A declaración dun solo como contaminado obrigará a realiza-las actuacións necesarias para proceder á súa limpeza e recuperación na forma e prazos que determine a Administración, estando obrigados a realiza-las operacións, de acordo coa lei, os causantes da contaminación, que cando sexan varios responderán destas obrigas de forma solidaria, e subsidiariamente os posuidores dos solos contaminados e os propietarios non posuidores.

Tendo en conta o disposto na devandita disposición e á vista da investigación polo miúdo realizada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dirixida a avalia-la contaminación existente nos terreos do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra), e dado que dos resultados da devandita investigación se determinaron niveis de concentración de HCH, considerados como de risco de contaminación.

En virtude da competencia atribuida á Comunidade Autónoma en materia de declaración de solos contaminados pola Lei básica de residuos 10/1998, do 21 de abril, así como das competencias outorgadas ó conselleiro de Medio Ambiente polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

ACORDO:

1. Inicia-lo procedemento para declarar como como solo contaminado os terreos afectados do polígono de Torneiros, no concello de Porriño (Pontevedra), e determina-las persoas ou entidades obrigadas a realiza-las actuacións necesarias para proceder á súa limpeza e recuperación na forma e prazos que se fixen na declaración, que en todo caso correrán cos custos das operacións.

2. Abrir un período de información pública por un prazo de vinte días para que calquera persoa física ou xurídica poida examina-lo expediente e formula-las alegacións que considere oportunas, sen prexuízo de que a comparecencia neste trámite non outorga por si mesma a condición de interesado, de acordo co artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para estes efectos poderá consultarse a citada documentación en horario de oficina nas dependen

cias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en Santiago de Compostela e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente