Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.917

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de maio de 1999 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 114, do 16 de xuño de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

Primeira.-No anexo único, na páxina 7.604, columna segunda, despois da liña 37, dentro do ficheiro prohibidos en casinos, debe engadirse o seguinte parágrafo:

«Servicio ou unidade ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Dirección Xeral de Interior».

Segunda.-No anexo único, na páxina 7.605, columna primeira, dentro do ficheiro prohibidos en salas de bingo deben suprimirse as liñas 6ª a 8ª, ámbalas dúas inclusive.

Terceira.-No anexo único, na páxina 7.605, columna primeira, dentro dos ficheiros dependentes da Dirección Xeral de Protección Civil, debe engadirse un novo ficheiro:

«2. Ficheiro: Catálogo.

Usos e fins previstos: conter datos relativos á posibilidade de localización para a intervención nos supostos en materia de protección civil.

Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: cargos públicos, funcionarios, profesionais, gardas civís, policías, voluntarios, etc.

Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de fontes accesibles ó público e de declaracións dos propios interesados, así como de directorios telefónicos, comerciais, catálogos, memorias, anuarios, etc.

Estructura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

Datos identificativos.

De carácter persoal.

Datos do posto de traballo.

Cesión de datos que se prevén: non se prevén.

Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Protección Civil.

Servicio ou unidade ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación, cando procedan: Dirección Xeral de Protección Civil».

Cuarta.-Queda anulada a corrección de erros desta mesma orde publicada no DOG nº 119, do mércores, 23 de xuño de 1999.