Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Mera, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/58/98.

Neste organismo autónomo achegouse unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do río Mera, presentada co proxecto das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo a dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se

refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago

de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Trancorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no tabeloiro de anuncios das casas dos concellos de Ortigueira e As Somozas (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071, Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: Praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

Concello de Ortigueira: praza Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña).

Concello das Somozas: Igrexa, s/n, 15565, As Somozas (A Coruña).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Exergia, S.L.

Enderezo: r/ J.L. Bugallal Marchesi, 9 baixo (Elviña II), 15008 A Coruña.

Representante: José Joaquín de la Prida Hoyos.

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica Mera-II.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 2.500 l/sg.

Corrente de derivación: río Mera (cota do escorredoiro: 226).

Corrente de restitución: río Mera (cota de finalización: 176).

Desnivel (salto ocupado): 50 m.

Altura do azude: 7 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 1.016 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Ortigueira (A Coruña). O concello das Somozas (A Coruña) tamén se ve afectado, pois no punto onde se vai construí-lo azude o río Mera é o límite entrambos concellos.

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

Prevese un azude sobre o leito na cota 222 e vertedoiro á cota 226. Perfil tipo Creager y 30 m de lonxitude de escorredoiro. Dispón dunha escala de peixes.

Obra de toma no estribo dereito do azude cun bocal. Existe unha reixa de grosos e unha cámara de decantación de finos, cun limparreixas automático ó final. Disponse dunha válvula de regulación.

-Encanamento de conducción e cheminea de equilibrio:

O encanamento de conducción é de aceiro e vai desde o azude ata a cheminea de equilibrio, cun diámetro de 1.500 mm, un espesor de 8 mm e unha lonxitude de 1.550 m.

A cheminea de equilibrio ten 28 m de altura e un diámetro interior de 2 m.

-Encanamento de carga:

O encanamento de carga vai ata a turbina, cun diámetro de 1.500 mm e un espesor de 10 mm e unha lonxitude de 200 m. É de aceiro.

-Edificio da central:

Ten unhas dimensións en planta de 35 m por 9,7 m. Interiormente a altura libre será de 7 m. A súa estructura é de formigón armado. A cuberta será de fibrocemento e tella e os cerramentos exteriores en bloque de formigón rebogado con morteiro de cemento branco.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Dúas turbinas Francis xémelgas de potencia 529 kW cada unha, con velocidade de rotación de 750 r.p.m. e caudal nominal de 1.250 l/sg.

Xeradores síncronos unidos ás turbinas, de potencia 508 kW cada un, tensión 400 V e velocidade sincrónica 750 r.p.m.

Transformadores trifásicos de 550 de potencia e relación 20.000±2.5±5/400 V.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

No se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa.